Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Xogos motores | Código | 652G01030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 A60 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B15 B17 C1 | O alumnado cada vez que se aplique esta metodoloxía grupal deberá entregar por escrito os traballos realizados polo grupo. Valorarase o seu adecuación aos obxectivos previstos para cada traballo en concreto. |
40 |
Traballos tutelados | A1 A4 A5 A21 A23 A29 A33 A45 A53 A55 A56 A60 A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B11 B12 B15 B18 B23 B25 C1 C3 C6 C7 C8 | Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a sua parte escrita como a parte oral. O cumprimento de devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
40 |
Proba de resposta breve | A1 A5 A21 A23 A53 A55 A56 A62 B1 B4 C3 C7 | Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria a participación nun 80% das sesións da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia. O estudantado que non asiste ao 80% das clases na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Para facer media entre os contidos teóricos e prácticos haberá que aprobar cada parte. NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” , “Saídas de campo” e "Simulación" están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, "Presentación Oral", “Traballos tutelados” e “Probas de resposta breve”). |