Para axudar a conseguir un contorno inmediato sustentable, recoméndase enérxicamente ao alumnado que os traballos documentais que se realicen nesta materia sexan desenvolvidos en formato dixital. De realizárense en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.
Así mesmo, esta materia abogará pola utilización dunha linguaxe inclusiva, tanto nas intervencións nas aulas como nos contidos traballados e actividades desenvolvidas. En coherencia con esta perspectiva, propiciarase a intervención de alumnas e alumnos nas aulas. |