Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A principios do cuatrimestre cada estudante terá que describir 2 experiencias, situacións, reflexións sobre situacións vividas no practicum con alumnado, profesorado e/ou familias. As experiencias agruparan nun documento compartido por toda á clase. Estas experiencias que estarán relacionados cos temas da materia servirán para traballar con elas nas clases é para a elaboración do traballo de investigación e os traballos tutelados.
Discusión dirixida Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre os temas traballados
Estudo de casos Este traballo é individual. Consiste en que cada estudante individualmente analizará, interpretará e fará propostas de actuación para un caso que ten lugar nun contexto de aula real e específico. O caso será elixido libremente polo o alumnado dunha oferta de casos reais. O obxectivo desta actividade é que cada estudante sexa capaz de identificar variables, realizar hipóteses, etc que lle axuden a comprender qué está ocorrendo na aula. O alumnado conta con unha guía de análise de casos, que consta de tres apartados: identificación dos trazos significativos da situación, realización de hipóteses que axuden a explicar que pode estar ocorrendo nese e contexto e proporcionará suxerencias para o traballo na aula co obxectivo de superar esa situación.
Lecturas Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional
Eventos científicos e/ou divulgativos Trátase de aproveitar os distintos recursos da universidade e doutras institucións ou agrupacións de caracter cultural, educativo, en relación cos contidos e competencias da materia.
Sesión maxistral Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos
Traballos tutelados Traballo en equipo. Constituiránse equipos de traballo que non superen os cinco membros. Cada equipo terá que facer unha proposta de intervención contextualiza nunha aula ordinaria concreta que se definirá explicará detalladamente. Cada equipo terá que realizar unha proposta de intervención para dita aula ordinaria. A proposta didáctica farase dende unha perspectiva de atención á diversidade inclusiva, baseada no Deseño Universal de Aprendizaxe. Cada equipo exporá a súa proposta.
Aprendizaxe colaborativa Durante o desenvolvemento da materia, nas aulas interactivas e para a realización dos traballos tutelados/Proxecto de intervención, o alumnado terá que realizar actividades en equipo.