Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía | Código | 652G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor/a. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación. Ademais, a clase expositiva, irá complementada con aulas interactivas que introduzan actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados. A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi importante e moi valorado. * AS AULAS EXPOSITIVAS DO GRUPO B (MARTES DE 9.00/10.30H) SERÁN DESENVOLVIDAS DE XEITO PRESENCIAL NA AULA. * AS AULAS EXPOSITIVAS DO GRUPO A (XOVES DE 9.00/10.30H) SERÁN DESENVOLVIDAS DE XEITO VIRTUAL. PROPORCIONARÁNSE AS PRESENTACIÓNS EN POWER POINT CO CONTIDO TEÓRICO DE CADA LECCIÓN NO CAMPUS VIRTUAL CON ANTERIORIDADE A ESE DÍA, DE XEITO QUE OS ALUMNOS/AS POIDAN ACCEDER A ESE MATERIAL ANTES DAS AULAS INTERACTIVAS QUE SE DESENVOLVEN A CONTINUACIÓN. * AS AULAS INTERACTIVAS EN ÁMBOLOS DOUS GRUPOS (A e B), SON PRESENCIAIS E SE DESENVOLVERÁN CON NORMALIDADE NA AULA Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado |
Lecturas | Nalgúns temas do programa o profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos. |
Traballos tutelados | Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas plantexadas en clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral). O traballo grupal está exposto como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo debedes escollelos vós mesmos e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc. As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso. Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha tutoría obrigatoria. |
Proba obxectiva | Exame con preguntas sobre os contidos teóricos da materia. A data do exame corresponderáse coa data oficial proposta pola UDC |
Presentación oral | O traballo grupal sobre un tema sociolóxico será exposto en clase (tamén de forma grupal) a final de curso. |