Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantéñense as metodoloxías docentes, adaptadas se é do caso á un eventual regreso á situación virtual. No caso da proba de ensaio —que consiste nun exercicio individual sobre 5 cuestións que foron previamente preparadas polo alumnado, a partir dos documentos resultantes dos traballos parciais elaborados en pequeno grupo—, seguirá a ser de carácter individual, pero realizada de xeito virtual segundo se recolle a continuación: o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva non presencial que contará o 60% da cualificación. A dita proba constará de 5 cuestións que o alumno/a deberá elaborar nun prazo de 10 días. Ao cabo de dito prazo (ou antes, se é da súa vontade), o alumno/a remitirá vía mail a proba elaborada, para poder ser revisada e avaliada polo profesor. Para a elaboración de dita proba, empregaranse como base os materiais de clase e a bibliografía recomendada. En data oportuna previa, o profesor enviará vía Moodle as 5 cuestións ao alumnado, establecendo o prazo de entrega, e quedando á súa disposición para calquera dúbida ou dificultade de procedemento durante o proceso de resolución da proba.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Non hai modificacións nos mecanismos de atención personalizada, priorizando sempre que as condicións sanitarias o esixan, as titurías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente.
Correo electrónico. Empregarase o correo electrónico para realizar consultas sobre os contidos da materia ou cuestións puntuais de organización que non se contemplen na Guía docente. Agás un asunto ou problema urxente, tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario dedicado a atención de alumnado e titorías establecido.
Moodle: a través da plataforma se distribuirán os materiais necesarios para o desenvolvemento das tarefas así como as instrucións complementarias precisas.
Teams:
-1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade.
-Sesións individualizadas en horario de titorías para resolver dúbidas ou problemas relacionados cos contidos ou organización das tarefas encomendadas.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación, agás a forma de realizar a proba de ensaio, segundo se establece no punto 2.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Primarase a utilización e consulta de bibliografía mediante libros e artigos de revistas de acceso dixital, como xa viña sendo habitual. |