Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa | Código | 652G03020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A5 A7 A9 A10 A12 A14 A17 A18 A20 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 | Este tipo de traballos, serán iniciados na aula polo alumnado e completados de forma autónoma de ser necesario. Será avaliado o seu contido tomando en consideración os criterios seguintes, entre outros: - Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. - Grao de comprensión das ideas básicas da materia. - Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia. - Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes. - Capacidade de relación dos contidos entre sí e con outro material consultado. - Coherencia entre os diferentes apartados. - Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula. |
15 |
Proba mixta | A5 A8 A10 A11 A14 A17 B1 B5 B6 C1 C4 C6 | A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia, polo que estará composta tanto por preguntas pechadas como abertas. Estas últimas serán de carácter breve e valorarase especialmente a capacidade tanto de concreción e síntese, como de relación cos contidos analizados tanto nas sesións expositivas como interactivas. Valorarase igualmente a organización da información, a coherencia e a comprensión dos contidos. | 50 |
Portafolios do alumno | A5 A7 A8 A9 A10 A14 A17 A18 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 | O portafolios do alumno/a ou plan de comunicación será avaliado en relación tanto ao contido do traballo como á súa exposición na aula. Nese senso, en relación ao contido do mesmo avaliarase, tomando en consideración entre outros criterios, os seguintes: - Estrutura: coidado da presentación (respecto polo formato), organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. - Grao de comprensión das ideas básicas da materia. - Dominio conceptual e uso apropiado do vocabulario da materia. - Emprego de fontes bibliográficas variadas e corrección na citación das fontes. - Capacidade de relación dos contidos - Coherencia entre os diferentes apartados - Grao de afondamento de cada un dos apartados e relación co abordado na aula. |
25 |
Presentación oral | A7 A10 A11 A12 A14 A17 A20 B1 B5 B6 C1 C4 C6 | Con respecto ás exposicións na aula por parte do alumnado, tomarase en consideración o seguinte á hora de avaliar: – Relevancia, pertinencia e organización coherente dos contidos expostos. – Emprego de apoios audiovisuais ou outros recursos que faciliten o seguimento do discurso por parte da persoa oínte. – Nivel de coordinación do grupo (nas exposicións grupais). – Nivel de comprensión dos contidos básicos da materia e capacidade de expresión coherente dos mesmos. – Claridade expositiva. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Para No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento O alumnado que conte co Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Manifestado isto, cabe mencionar que a avaliación contempla dúas opcións en función do nivel de asistencia: Opción A. Dirixida a aquel alumnado que asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia mínima requirida do 80%): - Elaboración dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 15% da nota final - Elaboración do portafolios/plan de comunicación: 25% da nota final - Presentación oral dos traballos tutelados e do portafolios/plan de comunicación: 10% da nota final - Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final. Opción B. Dirixida a aquel alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase de forma ordinaria (asistencia inferior ao 80%): - Elaboración dos traballos individuais ou en pequeno grupo: 20% da nota final. - Elaboración do traballo final: 30% da nota final. - Proba escrita sobre os contidos da materia: 50% da nota final. |