Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida: a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais. b) Nas aulas interactivas,traballo grupal de posta en común e de aplicación ao deseño do programa de orientación ocupacional. |
Presentación oral | Consiste na defensa e presentación do programa orientación ocupacional. |
Seminario | Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" A súa finalidade e triple: - Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo. - Caracterizar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos. - Obter información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...) |
Discusión dirixida | Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa. |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa é, xunto coa ABP e a clase invertida, un dos eixos metodolóxicos da materia que está presente no traballo tutelado e na presentación oral. |
Sesión maxistral | Esta metodoloxía utílizase para presentar unha sintese dunha parte dos contidos e da súa aplicación ao traballo tutelado. |
Traballos tutelados | Consiste no deseño dun programa de orientación ocupacional para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental. |
Proba mixta | Constará de preguntas curtas de análise e reflexión sobre os contidos teóricis e de cuestións prácticas relacionadas cos distintos elementos do programa de orientación. |