A materia Antropoloxía da educación tenta asentar no alumno unha reflexión sobre a significación humana do proceso educativo; é dicir, fundamentar os procesos formativos desde unha perspectiva antropolóxica, tanto no sentido da antropoloxía filosófica coma no da antropoloxía cultural.
Establece unha conexión entre a índole cultural do ser humán (o home non é mera natureza, senón animal cultural) e a necesidade conseguinte da educación como ingredinte esencial da cultura. Presta, por outra banda, particular atención ó carácter multicultural do mundo contemporáneo, con decisivas consecuencias no eido educativo, e á necesidade de dotar ó proceso educativo dun espírito crítico que cuestione os estereotipos responsables das diferentes formas de marxinación e exclusión sociais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Práctica do comentario por parte do alumnado dos fragmentos extraídos dos textos traballados
*Metodoloxías docentes que se modifican
De desaparecer a docencia presencial, manterase o horario oficial de clases con docencia virtual a través de Microsoft Teams. Tamén se ofrecerá a posibilidade de titorías vía e-mail ou mesmo Microsoft Teams
3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado
Posibilidade de titorías virtuais dentro do horario oficial de titorías
4. Modificacións na avaliación
Se resultase imposible a realización presencial das probas escritas e non fose posible garantir a súa realización en condicións académicas satisfactorias, se suprimirá a proba mixta e a proba do libro de lectura se fará de xeito virtual, consistindo en cuestións de resposta breve.
Nese caso, en lugar de entregar tres comentarios, o alumnado deberá entregar cinco (un por cada unha das unidades temáticas).
*Observacións de avaliación:
Os criterios de avaliación dos comentarios seguen a ser os vixentes para o ensino presencial
No caso hipotético de non ter lugar a proba mixta, a cualificación do alumnado modificarase do seguinte xeito: 5 comentarios (50 %) – proba do libro de lectura (40 %) – asistencia e participación (10 %)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ó igual que no ensino presencial, facilitarse ó alumnado arquivos con material complementario sobre as unidades temáticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías