Análise de fontes documentais |
O alumnado buscará na rede información e documentos necesarios para realizar os exercicios propostos na aula, especialmente realizará unha consulta diaria do DOG para realizar o exercicio de análise das políticas de emprego. Dentro desta análise se inclúe a situación da profesión de educación social e a perspectiva de xénero nestas políticas. |
Portafolios do alumno |
O alumnado recollerá nun portafolio os exercicios realizados durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado e conterá tamén unha valoración final das aprendizaxes realizadas. O portafolio será dixital. |
Lecturas |
O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento, para isto consultará diariamente o DOG na busca de información relevante para a materia. Identificarase prexuízos e actitudes sexista nas políticas de emprego. |
Seminario |
Forma parte do Programa Piloto para a docencia en galego no Grao de Educación social. A súa finalidade é dupla. Por unha parte, trátase de visibilizar referentes profesionais que utilizan o galego como lingua de traballo. Por outra, permite achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos |
Actividades iniciais |
O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para analizar as ideas previas do alumnado sobre a materia en cada unha das sesións e así conectalas coa información que se vai proporcionar nesa clase |