Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas | Código | 652G03039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 | Proba na que se valorará de forma progresiva a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura. Realizarase en tres partes/momentos, incorporando en cada unha das probas contidos relativos ao bloque finalizado. A proba atenderá a todos os contidos abordados en cada parte da materia (clases expositivas + clases interactivas). Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte: - Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta. - Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1) - Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada. |
30 |
Portafolios do alumno | A21 B1 B2 B6 C1 C6 | As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, obradoiro, análise de fontes documentais) realizaranse, eminentemente, nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado). O documento final a entregar deberá conter os seguintes elementos: - Portada (institucional) e índice paxinado - Actividades: cada unha das actividades traballadas deberá conter (a) introducción fundamentada, (b) resultados acadados e (c) reflexión sobre a práctica. - Reflexión final sobre o conxunto da materia (contidos teóricos, prácticas, interaccións...). Débense contemplar os seguintes aspectos: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar. A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo. A avaliación das aprendizaxes mediante esta metodoloxía levarase a cabo a través de rúbricas deseñadas para cada unha das actividades e que se porán a disposición do alumnado antes da realización de cada actividade. |
70 |
Observacións avaliación | |||
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA: o Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesións prácticas. o Participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% deasistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase. o Realizar todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia; isto é: a proba mixta (tests dos bloques de contidos 1, 2 e 3) e o portafolio. o Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos. o Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso. o Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula. o Realizar traballos de carácter orixinal. O inclumprimento das normas éticas na realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos doutras fontes que non foran debidamente citadas. MODALIDADES DE AVALIACIÓN Tendo en conta a posible o Avaliación continua: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80% das sesións prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):
o Avaliación final: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%). Recoméndaselle a realización das actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de casos e simulación) de modo autónomo, e acoder regularmente a titorías para a consulta de dúbidas sobre as mesmas. Será avaliado mediante proba mixta tanto das actividades prácticas como dos contidos teóricos nunha proba ao final do cuadrimestre, na que se ponderará cun 70% os contidos relativos as actividades do portafolio e un 30% os contidos teóricos da materia. |