Nesta materia pretendemos que o alumnado do Grao de Logopedia se aproxime ao coñecemento das características, posibilidades, dificultades e beneficios dunha proposta educativa que promova a inclusión educativa e social. Tal como a experiencia e a reflexión profesional acredita, unha escola e sociedade inclusivas responde a unha construción colectiva, plenamente activa e participativa de toda a comunidade. O traballo colaborativo entre profesionais constitúese nun elemento clave tanto para o coñecemento das necesidades de cada contexto, de cada persoa, como a planificación e posta en práctica de proxectos e propostas educativas que promova a inclusión educativa e por suposto, en consoacia, a inclusión social. Igualmente potenciarase o uso de recursos do medio natural e social co fin de facer un uso responsable e sustentable deles. De aí que consideremos, que a profesional da logopedia pode e debe xogar un papel coprotagonista co resto de actores e actrices na construción colectiva deste proxecto educativo e social.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se contempla.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Proba de resposta breve
-Lecturas
-Aprendizaxe colaborativa
-Lecturas
-Presentación oral
-Discusión dirixida
-Estudo de caso
-Proxecto de investigación
-Discusión virtual
*Metodoloxías docentes que se modifican
Tendo en conta que esta materia se imparte no primeiro cuatrimestre e que o número de estudantes con matrícula, non posibilita que as clases expositivas sexan presenciais, optará pola modalidade asíncrona, é dicir, que a clase expositiva realizaranse e proxectaranse a través de gravacións que se albergarán en moodle. As interactivas, en función das súas características, serán presenciais ou síncronas (a través de teams).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: consultas, concreción de xuntanzas envío de traballos para seguimento.
Moodle. Foros temáticos para a abordar temáticas específicas, foros de actividades para as discusións dirixidas, tarefas para subir traballos específicos realizados nas interactivas que non sexan online.
Teams. A sesión expositiva semanal e as interactivas en grupos pequenos, realizaranse a través de teams sempre sexa necesario; as titorías individuais ou colectivas.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Non hai cambios
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías