A materia estrutúrase en dous bloques. No primeiro bloque o alumno debe adquirir as competencias necesarias para saber deseñar e desenvolver un proxecto de investigación dende o punto de vista metodolóxico no ámbito das ciencias da saúde. Cun contido principalmente práctico estudaranse os distintos aspectos da elaboración dunha proposta de investigación seleccionando o tipo de estudo máis adecuado segundo a pregunta de investigación exposta. No segundo bloque o alumno aprenderá a manexar ferramentas informáticas fundamentais para o desenvolvemento dun proxecto de investigación, como a presentación dunha proposta utilizando funcións avanzadas de Word, contornas colaborativas ou planificación utilizando software específico de xestión de proxectos.
Plan de continxencia
Trátase duna materia on-line polo que non precisa dun plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías