Nesta materia, o estudantado de cuarto curso do Grao en Terapia Ocupacional enfrentarase a un reto moi importante, que consiste na realización da intervención completa e complexa do proceso de Terapia Ocupacional a trevés do estudo de casos de diferentes eidos de actuación. Preténdese facilitar a integración dos coñecementos e competencias adquiridas en anos anteriores desde unha perspectiva madura do/a estudante de último curso. Para isto, aportarase o apoio teórico e práctico necesario a través do encuentro con profesionais de Terapia Ocupacional que estén directamente relacionados con el tema presentado, a nivel local, estatal e internacional.
Descriptor:
Fundamentos da autonomía persoal nas actividades da vida diaria. Análise da ocupación en Terapia Ocupacional e a súa utilización terapéutica.
Plan de continxencia
Sen modificacións.
Toda a materia podería ser impartida a través de Teams.
A excepción das lecturas, os contidos noutros idiomas serán traducidos pola docente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías