Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Terceiro
Optativa
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Profesorado
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Web
Descrición xeral
Historia da evolución do mundo do traballo, con especial referencia á España contemporánea para poder entender mellor as dinámicas e políticas sociolaborais actuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Presentación inicial
Lecturas
Obradoiro
Presentación oral
Prácticas a través de tics
*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba mixta non presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: De luns a venres.De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Para colgar as presentacións e as tarefas.
– Teams: 1 sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e de seguido, 1 sesión para as práctica na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de horarios da Erlac. Tamén disporán a continuación de 1 hora de titoría para atender consultas por mail ou teams.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia
4. Modificacións na avaliación
Probas mixtas (ata 40%) na hora de clase asignada. Constarán de preguntas tipo test a elixir unha correcta entre 3 e preguntas cortas. O alumnado que non supere o 5, poderá facer o exame final na data indicada (40%)
Traballos tutelados (30%)
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
Prácticas e traballos de clase ata 30%. Cunha data concreta de entrega e alguns deles a expor na hora de clase virtual
*Observacións de avaliación:
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
para aprobar deberá obter un mínimo de 5 entre os traballos de clase, o traballo de curso e as probas mixtas
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
1. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. (30%)
2- probas mixtas por temas ou proba mixta final na convocatoria de xaneiro ( ata 70%)
3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xaneiro,
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías