OPCIÓN A
Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación
nas actividades de clase igual ou superior ó 80%:
Os criterios de avaliación son os mesmos
para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria
adiantada.
A nota final da asignatura calcularase da
forma seguinte:
PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:
- Traballos tutelados e análise de fontes documentais con presentación
oral daqueles indicados polo profesor
PRUEBA MIXTA (60%):
- Examen escrito presencial (tipo proba mixta) sobre os contidos de la
materia
Para superar a materia é necesario obter
unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación. Parte práctica (composta por traballos tutelados e análise de
fontes documentais con presentación oral daqueles indicados polo profesor)
e proba mixta (examen escrito)
Os criterios de puntuación
dos traballos tutelados e análise de fontes documentais con
presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a
coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos
enunciados destes.
A entrega dos traballos tutelados e
análise de fontes documentais realizarase exclusivamente a través da plataforma
Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa
data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non
presentado" as análises de fontes documentais e de traballos tutelados
entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha
presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado"
dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica
correspondente ós traballos tutelados e á análise de fontes documentais, a non
presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte
práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.
Se a calificación final do alumno en primeira
oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un
máximo de 4 puntos), éste terá que acudir á segunda oportunidade e realizar
novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba
mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente
tódolos traballos tutelados e análises de fontes documentais calificados como
suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas
aprobados dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda
oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter una
puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte
práctica (composta por traballos tutelados e análise de fontes documentais con
presentación oral daqueles indicados polo profesor) e proba mixta (examen
escrito)
Dado que a materia sigue criterios de
avaliación continua, a asistencia a clase é obrigatoria. Todo alumno que supere
un 20% de faltas de asistencia a clase non xustificadas perderá o dereito a
presentarse ó examen de avaliación final, e terá que presentarse ao mesmo na
seguinte oportunidade.
Os únicos utensilios cos que está
permitido acceder ó recinto da proba son os básicos para contestar ó exame:
lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.
Está expresamente prohibido o acceso ó
recinto do examen con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de
dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de
información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose
expresamente autorizado na convocatoria do examen o una páxina web (Moodle) da
materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a
proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba
tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.
O alumno deberá acreditar a súa
persoalidade de acordó coa normativa vixente.
Segundo establecen as "Normas de
avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no
Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que,
estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación
que se establecen para o curso académico.
Deste xeito, será cualificado como “Non
presentado” cando:
a) Non complete o proceso de avaliación
continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou
b) Non se presente á proba do período
oficial de avaliación.
OPCIÓN B
Alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece
a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes
de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012).
Alumnado cunha asistencia/participación
nas actividades de clase inferior ao 80%:
Excepto para as datas aprobadas en Xunta
da Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas
acordarase, ó inicio do cuatrimestre, un calendario específico de datas
compatibles coa súa dedicación,motivo polo cal o mencionado alumnado deberá
poñerse en contacto co profesor da materia nos dez primeiros días do
cuatrimestre no que se imparte a materia, coa finalidade de fixar dito
calendario.
Os criterios de avaliación serán idénticos
ós descritos para o alumnado con dedicación a tempo completo (Opción A),
exceptuando o criterio de asistencia a clase que no caso do alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia permítese segundo a normativa una asistencia/participación nas
actividades de clase inferior ao 80%.