Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballo tutelado en equipo (máx. 5 persoas)
- Traballos individuais
- Proba Obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
- “SESIÓN MAXISTRAL”, substitúese a presenza física do profesor/a pola presenza virtual vía Microsoft Teams. Así mesmo, abrirase un foro de dúbidas en Moodle e colgaranse pequenos vídeos titoriais na devandita plataforma e en Stream.
- “TRABALLOS TUTELADOS”, substitúese a exposición presencial dos mesmos polo alumnado, pola exposición a través de Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta: Moodle, Microsoft Teams, Stream y Correo electrónico. En canto á temporización: o alumnado pode contactar co profesor/a, tanto en horas de clase como fóra delas, para concertar titorías, xa que está a súa disposición.
4. Modificacións na avaliación
Metodoloxía/ Peso na cualificación/ Descrición
- Traballo en equipo / 20% / Traballo tutelado en equipo (máx. 5 persoas).
- Traballo individual / 20% / Traballo tutelado individual.
- Proba Obxectiva / 60% /
A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da avaliación da proba obxectiva, do traballo tutelado en equipo e do traballo individual. No conxunto das tres partes (20%, 20% e 60%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Con todo, non se considerará superada a materia, se no traballo en equipo e no traballo individual non se obtén un mínimo de puntuación de 0,5 sobre 2 puntos totais en cada un, e na proba obxectiva un mínimo de 2,5 puntos sobre 6 puntos totais.
No caso de que o alumnado non entregase algún dos traballos tutelados ou non chegase á nota mínima esixida, a Proba Obxectiva terá un peso na cualificación do 100%, é dicir, que para superar a materia, precisase obter 5 puntos sobre 10 na mesma.
O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva, será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto Traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.
*Observacións de avaliación:
A entrega dos traballos realizarase a través da plataforma Moodle.
Na Segunda Oportunidade, o alumnado deberá entregar, a través da plataforma Moodle, un Traballo individual sobre un tema proposto polo profesorado, cun peso na cualificación do 100%, é dicir, que para superar a materia, precisase obter 5 puntos sobre 10 no Traballo.
O alumnado que non presente o Traballlo individual será cualificado cun "NP" (Non Presentado).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios. |