Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba que se realizará ao final do cuadrimestre para avaliar a expresión escrita, a comprensión lectora do alumnado ademáis dos seus coñecementos gramaticais e campos semánticos específicos do sector turístico.
Proba oral As probas orais basearanse nos contidos do curso (entrevista de traballo, lectura de artigos, actividades en grupo).
Obradoiro Realizaranse traballos prácticos con material proporcionado que o alumnado recibirá con antelación para a aprendizaxe da redacción de cartas de presentación, CV e prácticas dos roles entrevistado/entrevistador para entrevistas de traballo.
Lecturas Lectura de artigos relacionados con temas turísticos do curso para discusión e debate na clase
Análise de fontes documentais Exercicios con material audiovisual ou de audio