Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Estudo de casos
- Traballo tutelado
*Metodoloxías docentes que se modifican
- “SESIÓN MAXISTRAL”, substitúese a presenza física do profesor/a por a presenza virtual vía Microsoft Teams. Así mesmo, abrirase un foro de dúbidas en Moodle e colgaranse pequenos vídeos titoriais na devandita plataforma e en Stream.
- “TRABALLOS TUTELADOS”, substitúese a exposición presencial dos mesmos polo alumnado, pola exposición a través de Microsoft Teams.
- “PROBA OBXECTIVA”, elimínase.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta: Moodle, Microsoft Teams, Stream y Correo electrónico. En canto á temporización: o alumnado pode contactar co profesor/a, tanto en horas de clase como fóra delas, para concertar titorías, xa que está a súa disposición.
4. Modificacións na avaliación
Metodoloxía/ Peso na cualificación/ Descrición
- Estudo de casos / 50% / Estudo de casos individuais ou de grupo.
- Traballo Tutelado / 50% /
No conxunto das duas partes (50%, 50%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Non obstante, non se considerará superada a materia, se no Estudo de casos non se obtén un mínimo de puntuación de 2,5 puntos sobre 5 puntos totais e no Traballo tutelado un mínimo de 2 puntos sobre 5 puntos totais.
O alumnado que non presente, como mínimo o 50% do Estudo de casos ou o Traballlo tutelado será cualificado cun "NP" (Non Presentado).
*Observacións de avaliación:
A entrega dos traballos realizarase a través da plataforma Moodle.
Na Segunda Oportunidade, o alumnado deberá entregar, a través da plataforma Moodle, un Traballo individual sobre un tema proposto polo profesorado, cun peso na cualificación do 100%, é dicir, que para superar a materia, precisase obter 5 puntos sobre 10 no traballo.
O alumnado que non presente o Traballlo individual será cualificado cun "NP" (Non Presentado).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios |