A Acústica é unha parte da Física que trata da produción, transmisión, recepción, audición e control do son. Se ben o seu interese no ámbito da Edificación vén de antigo, na actualidade fíxose patente no marco normativo actual. Así neste sentido, o Código Técnico da Edificación establece regras e procedementos que permiten cumprir as esixencias básicas de protección fronte ao ruído.
O obxectivo principal da materia Medicións Acústicas na Edificación consiste en formar ao alumno na disciplina da Acústica, de modo que adquira os fundamentos teóricos e prácticos básicos e necesarios para a súa práctica profesional tendo en conta a lexislación vixente.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Seminario
- Traballo tutelado
- Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: semanalmente. Utilizarase principalmente como soporte de materiais dixitalizados, para efectuar as entregas dos traballos tutelados, para a realización da proba obxectiva e como medio de comunicación.
– Teams: semanalmente. En horario de titorías, preferentemente, para facer un seguimento e apoio na realización do traballo do estudante.
4. Modificacións na avaliación
Non se contempla ningunha modificación, salvo a realización das probas obxectivas de forma telemática.
*Observacións de avaliación:
Non hai cambios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Poñerase a disposición dos estudantes materiais dixitalizados na plataforma Moodle que palíen a non presencialidade e a imposibilidade de acceder á biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías