Os alumnos que non cumpran as condicións de asistencia a clases e seminarios e/ou non realicen durante o período lectivo os traballos tutelados, deberán realizar unha proba obxectiva (exame final) nas convocatorias sinaladas para o efecto de xuño ou de xullo.
Aqueles alumnos que teñan algún tipo de excepcionalidade para asistir a clase legalmente concedida, terán que falar coa profesora a comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes
O plaxio nas actividades e probas producirá unha nota de "0", suspendendo a materia na correspondente convocatoria e invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria