A materia ten como obxectivo principal dotar ao alumnado de recursos e competencias teórico/prácticos para o desempeño das distintas tarefas relacionadas coa xestión da documentación audiovisual. Ensinaráselles a ponderar recursos e fontes especializadas na materia e a analizar e avaliar a calidade da información con especial orientación a maximizar a rendibilidade socio-económica dos fondos documentais.
Así mesmo promoverase o coñecemento da importancia da escolla e conservación dos contidos audiovisuais como legado patrimonial de extraordinario valor socio-cultural.
Plan de continxencia
1- Modificacións nos contidos
Mantéñense os contidos propostos, contemplando a eventual redución da súa extensión en virtude do desenvolvemento e evolución da materia e as conxunturas eventuais que se poidan producir.
2- Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Portafolios
- Estudos de casos
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Sesión maxistral (presenciais): substituida por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado.
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
- Presentación oral: poderá solicitarse aos alumnos un power point con voz para substituir a exposición dos estudos de casos.
3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. A comunicación en primeira instancia establecerase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams.
4- Modificacións na avaliación:
Mantense o peso na cualificación de todalas metodoloxías. Non ha variación nos criterios de valoración.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.
5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgará na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías