Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais. Será importante a formación na xénese de modelos de proxectos socioculturais para unha posta en valor dos bens patrimoniais e culturais, nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e retos culturais que emerxen na nosa sociedade.
Plan de continxencia
No caso de que a actividade académica teña que continuar de xeito non presencial, habilitaranse os contidos e as sesións previstas a través das plataformas do Campus Virtual da UDC segundo as instrucións que establezan as posibles Resolucións Rectorais.
O sistema de avaliación previsto nesta guía manterase igual coas adaptacións necesarias para que as entregas dos traballos e, se é o caso, as exposicións orais se poidan facer só a través de Moodle para estudantes que opten pola avaliación continua. Os estudantes que optaron polo sistema único de avaliación final (exame a libro aberto) poden facelo a través do Campus Virtual.
En relación cos mecanismos de comunicación, as titorías individuais e de grupo tamén se realizarán a través de correo electrónico, Moodle e / ou Teams tanto de xeito síncrono como asíncrono.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías