Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Exporase na aula. |
Portafolios do alumno |
Cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, fundamentalmente consistentes en resumo, comentario ou respostar a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico e exercicios de catalogación. |
Presentación oral |
Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios. |