A avaliación desta asignatura baséase na superación das dúas principais metodoloxías, traballos tutelados e presentación oral, de forma independente. A primeira céntrase na demostración práctica de coñecementos e habilidades adquiridas para resolver problemas de enxeñaría a través de técnicas de aprendizaxe automática, e a segunda sobre a realización e presentación dun traballo sobre un tema específico no programa teórico. Polo tanto, no caso de que o alumno non supere a materia na convocatoria ordinaria, debe repetir, na convocatoria extraordinaria, as actividades necesarias das metodoloxías que non foron aprobadas. Por exemplo, se un estudante aproba a parte da presentación oral pero está suspendido nos traballos tutelados, deberá repetir o traballo/s práctico necesario para acadar o aprobado, xeralmente aquel/es que non foron aprobados.
Evaluación da convocatoria adiantada (Decembro): os alumnos que opten por esta convocatoria deberán realizar as metodoloxías de traballos tutelados e presentación oral, pero non a proba obxectiva. O valor desta metodoloxía súmase na de traballos tutelados, pasando a valer un 70%. E necesario que se poñan en contacto cos profesores ó comezo do cuatrimestre (Setembro) para ter un plazo suficiente de entrega.
Os alumnos con matrícula a tempo parcial poden acumular o 10% da nota correspondente á asistencia ás clases nas outras actividades, tanto na teoría como na práctica, no caso de que non poidan asistir ás clases en persoa. Esta modificación debe solicitarse aos profesores da materia ao comezo do curso. Asimesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores.