Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Fernández Holgado, José Ángel
Correo electrónico
j.holgado@udc.es
Profesorado
Fernández Holgado, José Ángel
Correo electrónico
j.holgado@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia pretende formar ao alumnado nas técnicas máis comúns de creación e ideación de personaxes, tanto no plano físico coma no psicolóxico, abordando as diferentes etapas do proceso creativo, os principais tipos de personaxes e a evolución dos mesmos ao longo do xogo, así como a súa adaptación a contextos especializados (ensino formal e informal, igualdade, ámbito institucional...).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican: A docencia expositiva e a interactiva (traballos titorizados) pasará a ser online. A presentación dos mesmos realizarase tamén por medio da plataforma Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías