A materia "Empresa e Emprendemento" forma parte do plan de estudos do Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos. Impártese no segundo curso e trátase dunha materia obrigatoria de 3 créditos, o que representa 75 horas de traballo do estudante. Os seus descritores son: planeamento e viabilidade; organización e persoas; habilidades de dirección de equipos; recursos financeiros e técnicos; control de resultados. Esta materia pretende que o alumnado adquira a capacidade de plantexarse integralmente a creación e desenvolvemento dunha empresa, dende o plantexamento ata a execución. Por este motivo, os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da planificación, organización, dirección e xestión de recursos humanos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Proba de resposta múltiple (computa na avaliación).
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizarán cambios.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos foros da materia para formular as consultas necesarias.
- Teams: Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia. Ademais, realizaranse as sesións que demande o alumnado en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías