Esta materia introduce os conceptos básicos da análise estatística de datos, desde a análise exploratoria (incluindo as principais ferramentas gráficas) ata a inferencia estatística, pasando pola introducción á probabilidade, o concepto de variable aleatoria e as ferramentas fundamentais do control estatístico da calidade, enfocando a súa docencia para a resolución de problemas prácticos en enxeñaría naval e oceánica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías:
Metodoloxías docentes que se manteñen:
• Prácticas a través de TIC.
• Solución de problemas.
• Proba mixta.
Metodoloxías docentes que se modifican:
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Moodle, Microsoft Teams e correo electrónico.
* Temporalización: Teams utilizarase como soporte para levar a cabo as clases teóricas e practicas, ademais de servir de medio para realizar as titorías. Moodle empregarase para a publicación de contidos e avisos, e para a avaliación dos alumnos (avaliación continua e exame). O correo electrónico servirá de medio para resolver dúbidas e para o intercambio de ficheiros e información en xeral.
4. Modificacións na avaliación:
Manteranse todas as metodoloxías e a súa ponderación na nota global: Solución de problemas (10%), consistente na entrega de exercicios; prácticas a través de TIC (30% sobre a nota global), definida pola presentación de traballos propostos polos profesores co software estatístico libre R; e a proba mixta (60%), consistente nun exame tipo test formado por entre 15 e 20 preguntas, tanto prácticas como teóricas, acerca da materia do curso (realizarase de maneira non presencial na modalidade síncrona).
Observacións de avaliación:
Non se modificará o peso que na avaliación final ten cada unha das metodoloxías. A nota da proba obxectiva será dun máximo de 6 puntos, mentres que a avaliación continua compoñerase da cualificación correspondente á entrega opcional de traballos relacionados coas prácticas realizadas co software estatístico R (máximo 3 puntos) e da nota correspondente á entrega de exercicios (máximo 1 punto)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías