Fundamentos da ciencia dos materiais. Estrutura cristalina, propiedades mecánicas, transformacións de fases e diagramas de equilibrio; materiais e os seus tratamentos: aliaxes férreas, aliaxes non férreas, cerámicos, polímeros e materiais compostos
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Elimínanse os seguintes temas/apartados do programa inicial:
Tema 12. Criterios mecánicos, físicos e químicos de selección de materiais. Propiedades térmicas, eléctricas y magnéticas dos materiais. Degradación química dos materiais.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñese as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, agás as as prácticas de laboratorio que se cancelarían definitivamente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Cancélaríanse as prácticas de laboratorio pola imposibilidade de realizalas presencialmente. Os contidos das prácticas incorpóranse á sesión de problemas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle.
Teams.
Correo electrónico.
Atención telefónica.
De acordo co horario de titorías aprobado.
4. Modificacións na evaluación
Metodoloxía: Proba mixta
Peso na cualificación: 60%
Descrición: Exames tipo test de 20-30 preguntas a través de Moodle sobre o temario de teoría con varias opcións de resposta das cales só unha é correcta. 30% do peso total na cualificación.
Cuestionarios de resolución de problemas relacionados coas clases maxistrais de resolución de problemas. 30% do peso total na cualificación.
Metodoloxía: Solución de problemas
Peso na cualificación: 20%
Descrición: Boletins de problemas relacionados coas prácticas de laboratorio.
Metodoloxía: Traballos tutelados
Peso na cualificación: 20%
Descrición: Trátase de traballos en grupo, onde cada grupo realizará dous traballos sobre materiais metálicos, cerámicos ou polímeros con especial énfase nas súas aplicacións navais.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios de notas mínimas para a proba mixta descritos no apartado de avaliación presencial para aprobar a materia.
Para aprobar será necesario obter un 5 na nota global da asignatura.
Os criterios de evaluación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A webgrafía adicional atoparase na páxina Moodle correspondente á materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías