A mecánica de fluídos debe ser considerada como unha materia básica na formación dun enxeñeiro técnico naval. Neste curso o alumno estudará os conceptos fundamentais de cinemática e estática de fluídos, chegará a entender o significado das ecuacións de conservación tanto en forma integral como diferencial, comprenderá a necesidade e aprenderá a simplificar estas ecuacións e estudará o movemento de fluídos, a teoría da capa límite e a turbulencia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
• Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
• Sesión maxistral
*Metodoloxías docentes que se modifican
• Prácticas de laboratorio (computan na avaliación)
o A prácticas son obrigatorias e non poderán acceder á proba mixta, nin serán evaluados, quen non as realicen.
o No caso de non poderse realizar as sesiones de laboratorio, estas poderanse substituír por aulas telemáticas, que terán carácter obrigatorio.
o Mantense a obrigatoriedade da elaboración das memorias de prácticas e as follas de cálculo. Ao estudantado que non poida asistir ao laboratorio, se lles proporcionarán os datos que precisen para realizar as follas de cálculo e as memorias.
o A memorias e as follas de cálculo entregadas fora de prazo, ou por medios distintos aos indicados consideraranse non entregadas, e as prácticas non realizadas.
o A proba de avaliación das prácticas poderá ser oral.
• Solución de problemas. Ver máis abaixo avaliación
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Serán telemáticos mediante as plataformas e ferramentas institucionais, entre outras, Moodle, TEAMS, ou correo electrónico.
• O horario será o estabelecido para as clases presenciales e as tutorías.
4. Modificacións na avaliación
• A proba mixta poderase realizar de xeito oral. Para iso, estenderíase o periodo de avaliación.
• A avaliación da resolución de problemas estará condicionada polas posibilidades da comprobación de que as e os estudiantes realmente fan o traballo persoal.
• De non manterse a avaliación do apartado da resolución de problemas, o peso deste apartado se engadiría ao da proba mixta, que xa esta inclúe a resolución de problemas.
*Observacións de avaliación:
A proba mixta poderase realizar de forma oral. Para iso estenderíase o periodo de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
• Fernando López, Peña. (2019). Mecánica de fluidos. A Coruña. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-724-4. DOI https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497244
• A transparencias coa teoría están dispoñibles en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías