Traballos tutelados |
A10 B21 B19 B17 B13 B11 B9 B8 B4 B3 B2 B1 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
Entrega e defensa de traballos de carácter obligatorio |
41 |
CONSIDERACIONS XERAIS - DISPENSA ACADÉMICA: De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica nesta materia.
- MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes que desexen optar a matrícula
deberán cumprir os seguintes requisitos:
a.-Obter unha nota media superior a 9 na cualificación
final da materia. b.-Obter al menos un 8,5 sobre 10 en cada módulo. c.-Remitir as actividades de avaliación continua, que
se expoñan na materia.
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos
profesores da materia.
- OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE
ADIANTADA examinarase por escrito a
través dun único exame que se corresponderá coas
datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
- FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: Segundo o establecido na
normativa da UDC:
1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores
responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade
ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non
permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros,
a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á
expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta
cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións
documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa
cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con
instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente
autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de
expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao
centro. 3.-A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de
suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da
súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.
ESTRUTURA DA MATERIA A materia está dividida en dous módulos, claramente diferenciados. MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAÚDE* (65% da cualificación final da materia): A avaliación (sobre un 100%) repartirase da seguinte forma - 60% (Probas obxetivas)
- 40% (Traballos Tutelados)
Para poder aprobar esta parte da materia será requisito indispensable
cumprir coas seguintes premisas: - Realizar, tanto na primeira como na segunda oportunidade, o 100% de
cada unha das metodoloxías establecidas: proba de ensaio e traballos
tutelados. - Lograr polo menos, a metade da puntuación establecida como máxima, en
cada unha das seguintes metodoloxías que computan na avaliación: proba de
ensaio e traballos tutelados.
- MATRICULA PARCIAL: Os alumnos deberán comunícalo ós profesores da
materia durante as 2 primeiras semanas do curso. Os alumnos deberán
evaluarse tanto da proba obxetiva como dos traballos tutelados.
MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DÁ SAUDE (35% da cualificación final): 0 35% correspondente a este módulo, distribuirase da seguinte forma: - 20% (Probas obxetivas)
- 15% (traballos tutelados)
- PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación que
aparece reflectida é a PROGRAMADA para todos os alumnos con
MATRÍCULA COMÚN, que se presenten á primeira oportunidade.
- SEGUNDA OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que
se estableceron para a primeira oportunidade.
- MATRICULA PARCIAL: Os alumnos de MATRICULA PARCIAL deberán comunícalo
ós profesores da materia durante as 2 primeiras semanas do curso. Os
alumnos poderanse examinar por escrito en primeira e
segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá
coas datas oficiais aprobadas en Xunta
de Facultade, onde se aplicarán
as porcentaxes relativas a cada parte do contido da
materia. Ofrecerase a posibilidade de realizar
os traballos tutelados de maneira individual.
|