Neste apartado non seleccionamos ninguna materia xa que Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico atópase no 2º cuadrimestre de 1ºcurso.
MATERIAS QUE CONTINÚAN O TEMARIO:
A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o/a estudante para ser consumidor crítico da información científica da sua disciplina.
E por isto que en todas aas materias posteriores dos cursos 2º, 3º e 4º do Grao de Enfermaría os/as estudantes de modo transversal terán que facer uso das competencias adquiridas en esta materia. Será unha necesidade, nas devanditas materias, profundizar dende un enfoque práctico e clínico na capacidade do estudante para consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma, aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o precisen tomar decisions clínicas.
ADAPTACIÓN DE PRESENCIALIDADE Á SITAUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA:
Todas as actividades presenciais realizaranse con asentos preasignados, con mascarilla, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumplan as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas y publicadas en:
https://udc.es/es/fep/coronavirus/. No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións de aforo da aula se establecerán grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non quepan na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á siguiente de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, según planificación establecida polo docente da materia.
OBXECTIVOS DE DESENROLO SOSTIBLE:
Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do
"Plan de Acción Green Campus Ferrol":
- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase
papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de
discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
PLAXIO:Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización
de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento.