ADAPTACIÓN DE PRESENCIALIDAD Á SITAUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA: Todas as actividades
presenciais realizaranse con asentos preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o
consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención
e hixiene do centro establecidas e publicadas en: https://udc.es/es/fep/coronavirus/. No caso
de que o grupo de docencia chegue a superar as indicacións do aforo
da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes
que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á
seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma
telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia. OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade
de imprimilos,
no caso de se realizar en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado
e evitarase a impresión
de borradores.
- Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas
ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria.
PLAXIO: Na
realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso
(0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias
ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |