Ao remate do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia de Psicoloxía Aplicada e Saúde o/a alumno/a deberá contar cos coñecimentos de introducción ao estudo do comportamento necesarios que lle capaciten para estabelecer e realizar unha relación axeitada co cliente - pacente, familia e grupo. Igualmente estará capacitado para integrar ditos coñecimentos na prestación de coidados integrais ao cliente-pacente.
Adquirirá unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios, ademais de identificar problemas de saúde da comunidade e coñecer as medidas preventivas máis adecuadas. O alumno coñecerá e saberá aplicar os fundamentos da Demografía como parte fundamental da Epidemioloxía e da Saúde Pública
Plan de continxencia
ESTUDANTE CONFINADO OU GRUPO DE ESTUDANTES CONFINADOS: conectaranse ás clases expositivas e ós seminarios por Teams. Manteranse aquelas prácticas e actividades avaliables que o(s) estudante(s) podan desenvolverse de forma non presencial baixo tutorización personalizada (vía Teams ou correo electrónico). No caso de que non sexa posible, posporanse os seminarios, prácticas e avaliación do(s) estudante(s) confinado(s) ata a súa reincorporación.
PECHE DE ACTIVIDADES PRESENCIALES: Non se realizarán cambios nos contidos nin nas metodoloxías propostas, que se aplicarán de modo non presencial na súa totalidade a través de Teams e o campus virtual. Para a atención personalizada ao alumnado, utilizarase o correo electrónico, o campus virtual a través dos foros habilitados a tal efecto e o uso de Teams. Manterase o sistema de avaliación establecido na guía docente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías