Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía Aplicada e Saúde | Código | 750G02105 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | B25 B26 B27 B36 C11 | Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvoltos polos estudantes. | 12.5 |
Presentación oral | B24 B25 B26 B35 | O Traballo tutelado deberá ser presentado de forma sincrona ou asíncrona dependendo das características do alumnado | 7 |
Estudo de casos | A79 A80 B39 C14 C15 | Presentación de situacións prácticas, e información que axude a desenrolar e a asimilar os contidos da materia | 21 |
Traballos tutelados | A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 | Proporase unha temática ao inicio do cuatrimestre para realizar un traballo de curso | 14 |
Obradoiro | A79 B37 C11 C14 C15 | Valorarase a participación nos obradoiros que se desenvolvan en relación cos contidos de Desigualdades en Saúde | 5 |
Proba obxectiva | A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 | Proba tipo test sobre os contidos da asignatura. Realizaranse dúas probas independentes sobre os contidos dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública | 40.5 |
Observacións avaliación | |||
As diferentes partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos. Para superar a materia é necesario superar tanto a parte de Psicoloxía como a de Saúde Pública, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente, así como ter participado nos obradoiros relativos ós contidos de Desigualdades en Saúde (Enfermería). No caso de que non se supere unha das partes na 1ª oportunidade, a nota máxima que figurará será de 4, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a/as parte/s que se teña/n superada/as na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria. A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula: Nota final = 0,7 * Nota Psicoloxía + 0,25 * Nota Saúde Pública + 0,05 * Nota Desigualdades Saúde Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará cómo se realizará a avaliación da súa parte. MATRÍCULA DE HONRA Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9 NON PRESENTADO A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumno/a que non se presente ás probas de avaliación esixidas nalgunha das tres partes das que consta a materia. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE SAÚDE PÚBLICA Proba mixta: Realizarase unha proba obxectiva na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia. Solución de problemas: formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media destes traballos representará o 50% da cualificación global desta parte da materia. A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da asignatura será de 5 puntos. A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/ as alumnos/ as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade. En segunda e sucesivas matrículas non computarán as calificacións dos cursos anteriores. Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada: Os/ as alumnos/ as de segunda oportunidade ou oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia. Matrícula parcial: Os/ as alumnos/ as de matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da materia ao comezo do curso. Os/ as alumnos/ as con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto en primeira como en segunda oportunidade e en caso de oportunidade adiantada. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE PSICOLOXÍA A cualificación final da parte da materia que corresponde a contidos de Psicoloxía calcularase segundo as seguintes porcentaxes: Estudios de casos -> 30% Traballos tutelados -> 20% Presentación oral -> 10% Proba test -> 40% CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE DESIGUALDADES EN SAÚDE A cualificación desta parte da materia corresponderá á participación nos obradoiros que se realizarán sobre os contidos desenvolvidos. Para axudar a conseguir unha contornainmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan deSustentabilidade Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel: a.- Non se empregarán plásticos. b.- Realizaranse impresións a dobre cara. c.- Empregarase papel reciclado. d.- Evitarase a impresión de borradores, moiespecialmente en cor. |