Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría das Relacións Laborais | Código | 760G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A11 A12 A13 A14 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
50 |
Portafolios do alumno | A1 A3 A11 A12 A13 A15 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 B6 B9 B12 B13 B17 C1 C4 C6 C7 C8 | A valoración do conxunto de prácticas e traballos realizados polo alumno permite evaluar o progreso dos coñecementos obtidos e o traballo que o alumno realiza sen presenza da persoa encargada da docencia, especialmente en orden á sua aplicación na práctica. | 50 |
Observacións avaliación | |||
I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado. 5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes : a proba obxectiva que representa o 50% da nota, e o conxunto de prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 50% restante. A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor. 2º) É imprescindible acadar o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das partes, o alumno non superará a matería. 3º) O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá cumplir cos mesmos requisitos que o resto do alumnado, ao non ter ponderación na súa avaliación a asistencia presencial a clase. III. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo os alumnos deberán examinarse da parte da asignatura que non superasen na convocatoria ordinaria, gardándose a nota da parte superada. É dicir: de ter superada a proba obxectiva, deberían entregar o portafolios; de ter superado o portafolios, deberían realizar a proba obxectiva; de non ter superada ningunha, deberán superar ambalas dúas. |