Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Evolución do Sistema Nervioso | Código | 610490022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Debate virtual | B4 C1 C2 C3 | Discusión dun tema específico (artigo científico especializado) por parte do alumnado. | 10 |
Seminario | A3 B4 C1 C3 | O alumnado deberá realizar e expoñer un traballo relacionado cos contidos da materia. | 40 |
Proba mixta | A3 C1 | Realización dunha proba (exame) baseada en preguntas de resposta curta (ou relativamente curta) e/ou tipo test sobre os contidos básicos da materia. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Consideracións xerais: O alumnado disporá de dúas oportunidades oficiais para superar a materia (ver calendario en https://www.usc.gal/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/). A cualificación de Non Presentado aplicarase no caso de que o alumnado non se presentase nalgunha das oportunidades oficiais existentes. Aspectos e criterios de avaliación: - Alumnado con dedicación completa e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Na oportunidade de final de cuadrimestre (primeira oportunidade) teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de avaliación: a) realización dunha proba mixta sobre os contidos da materia, representando o 50% da cualificación final, b) a realización e presentación do traballo nos seminarios suporá o 40% da cualificación final, e c) a participación activa na sesión de discusión/debate suporá o 10% da cualificación final . Na segunda oportunidade poderase recuperar a/s parte/s non superada/s, exame (proba mixta) e/ou traballo, representando cada unha destas o 50% da cualificación final. Nota: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación conlevará a aplicación da normativa vixente ao respecto. |