Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Etoloxía | Código | 610G02038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Información sobre os obxectivos das actividades e o sistema de avaliación. Pequeno resumo da guía docente. |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais (21) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Os alumnos terán á súa disposición o material empregado nas clases a través da plataforma Moodle. |
Traballos tutelados | Os alumnos realizarán traballos en grupo de carácter obrigatorio. A súa elaboración será supervisada polos profesores, en persoa ou mediante ferramentas TIC. Aqueles alumnos que participen en actividades de Aprendizaxe-Servizo estarán exentos de realizar este tipo de traballos. |
Seminario | Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. Os alumnos serán avialiados en función do grao de participación activa, a calidade das aportacións e/ou por medio de pequeños exámenes. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar aos alumnos no uso do método observacional en Etoloxía. Prevese a elaboración dunha memoria final en forma de proxecto de investigación. As actividades terán lugar en galego e inglés. Acordarase cos alumnos que participen na actividade de Aprendizaxe-Servizo a exención parcial de realizar algunha das actividades do proxecto de investigación. |
Proba de resposta breve | Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de presuntas de resposta breve |
Aprendizaxe servizo | Se as condicións o permiten, os alumnos poderán participar de forma voluntaria nunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (APS). De ser posible, ofértanse varias opcións, de xeito que os alumnos poidan escoller temáticas de interese para eles. A participación nesta actividade eximirá da elaboración do Traballo tutelado, e, dependendo do tempo requerido pola actividade de APS, mesmo de parte das actividades do proxecto de investigación. |