Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación | Código | 613584104 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A4 A14 A9 A12 B13 B4 B14 B3 B11 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C8 C9 | Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. | 60 |
Seminario | A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 | Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e/ou materiais que serán marcados e facilitados pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. | 10 |
Presentación oral | B2 B10 B3 | Avaliación da presentación oral do traballo tutelado ou dos retos e dificultades que presenta o seu proceso. | 20 |
Obradoiro | A2 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B7 B14 B8 B12 B3 C1 C7 C5 C6 C8 | Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%). As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso por se for preciso establecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica. A materia poderá ser adaptada ao A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, o traballo tutelado (70%) e realizar unha breve exposición oral do mesmo (30%). Este sistema de avaliación será o aplicado tamén na convocatoria adiantada de decembro. |