Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A18 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 C1 Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia que se realizará co seguimento do profesorado. Avaliarase a orixinalidade, o rigor, o correcto e completo manexo das fontes, a axeitada estruturación, a corrección lingüística e a profundidade da análise, ademais da relación coa bibliografía pertinente e cos contidos da materia. 30
Obradoiro A2 A3 A9 A10 A11 A15 B5 B8 Análise e comentario de textos e mapas dialectais de diversas variedades do español. 70
 
Observacións avaliación

- O traballo tutelado entregarase antes do 28 de abril. É obrigatoria a titorización e seguimento por parte do profesorado das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non se admitirá un traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

- Os traballos ou actividades que non se realicen na aula entregaranse a través do Campus Virtual da UDC nos prazos fixados en cada caso.

- As actividades e o traballo deben cumprir coas esixencias de corrección lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica, rexistro formal etc.).

- Deberase gardar unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na recepción.

- O plaxio, mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica darán lugar á descalificación automática da actividade ou da proba. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados polo/a estudante noutras materias.

- Cualificarase como non presentado quen non presente o traballo tutelado nin na primeira nin na segunda oportunidade, independientemente do número de actividades entregadas.

- Na segunda edición de actas (segunda oportunidade) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no Campus Virtual da UDC. As tarefas e o traballo tutelado entregaranse a data establecida para o exame oficial.

- Na convocatoria adiantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no Campus Virtual. O alumnado que se acolla a esta convocatoria debe contactar co profesorado responsable da materia con antelación suficiente.

- Alumnado con dispensa académica de asistencia a clases recoñecida: as tarefas do obradoiro serán substituídas por actividades. O alumnado afectado debe contactar co profesorado responsable da materia.

- Estudantes que precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade do centro (pat.filoloxia@udc.gal).

- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou superior para cursar esta materia.