Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Inglesa 1 | Código | 613G03010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 | Consistirán en dúas redaccións argumentativas breves escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir análises ben organizadas, coherentes e cohesionadas, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. | 40 |
Discusión dirixida | A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 | É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase. O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen. As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 | No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (p. ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). | 40 |
Observacións avaliación | |||
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se realizarán na data oficial do exame final: 1) un exame escrito con un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 40% da nota; 2) un ensaio argumentativa sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre, que substituirá ás seccións "Traballos tutelados" e "Discusión dirixida" da primeira oportunidade e que computará o 60% da nota. • Un aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta” para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima na sección 1 da avaliación. DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). |