Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as seguintes dúas condicións:
A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50.
B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba oral", "seminario", "proba obxectiva" e "portafolios do alumno".
No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo.
Entrega de traballos:
Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar programas específicos de detección do plaxio.
Cualificación de Non Presentado (NP):
Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin a Proba oral, nin ter entregado máis do 50% dos exercicios de avaliación continua.
OPORTUNIDADE DE XULLO:
O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das diferentes actividades de avaliación mais na que parte dos traballos serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non terán que ser repetidas na oportunidade de xullo.
DISPENSA ACADÉMICA:
O estudantado con dispensa académica oficialmente recoñecida será avaliado segundo as indicacións para a oportunidade de xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña coñecemento da mesma.
Diversidade:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).