Obradoiro |
No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas, exercicios de distinto tipo, etc.) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión da profesora na maior parte dos casos, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta |
Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso). |