Metodoloxías Descrición
Proba oral Presentación e defensa ante un tribunal do traballo realizado, contestando ás preguntas que o tribunal considere oportunas.
Aprendizaxe servizo Desenvolvemento do traballo no contexto de necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, en colaboración con algunha entidade e co obxectivo de proporcionar un servizo á comunidade. Esta metodoloxía constitúe unha posible modalidade (non obrigatoria) de desenvolvemento do TFM.
Traballos tutelados Poñer en práctica un proxecto integral de Enxeñaría Informática, de natureza profesional, no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensiñanzas.
Refictirase nunha memoria o que se puso en práctica co proxecto.
Os/as directores/directoras definirán, orientarán e supervisarán o traballo, e emitirán un informe positivo para autorizar a defensa do mesmo.