Descrición xeral |
O obxectivo principal do Traballo de Fin de Máster é a análise, deseño, implementación e validación dun proxecto, realizado de forma individual, relacionado coa Visión por Computador. Poderá desenvolverse nunha empresa ou entidade con experiencia contrastada en proxectos de I+D+i, sendo co-tutelado por un profesional na materia. O proxecto debe achegar compoñentes de innovación que vaian máis aló do mero desenvolvemento dunha aplicación, servizo ou liña de negocio estándar.
O TFM debe promover a achega de valor engadido por parte do alumno en proxectos innovadores, e a súa relación directa co mercado laboral ou con algún aspecto de investigación de vangarda. |