Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Traballos tutelados (aprendizaxe baseada en proxectos):
Exponse ao alumnado un escenario de traballo, real ou ficticio, que presenta unha determinada problemática. O alumnado debe aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestións expostas. Como norma xeral, o estudo de casos realizarase en grupos. Os distintos grupos de traballo exporán e porán en común as súas solucións.

Resolución de problemas de forma autónoma
O profesorado atenderá ao alumnado en sesións de tutorías individualizadas dedicadas ao desenvolvemento do proxecto.