Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos temas teóricos por parte do profesorado da materia.
Proba obxectiva Proba/exame dos conceptos explicados nas clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Sesións de laboratorio nas que se explicarán os conceptos necesarios para realizar prácticas de programación relacionadas con problemas de optimización con algoritmos evolutivos. Os profesores indicarán que problemas de optimización se terán en conta, así como a plataforma/linguaxe de programación que se utilizará no uso ou implantación de diferentes algoritmos evolutivos/bio-inspirados. O profesorado indicará se estes traballos son realizados polo alumnado de forma autónoma ou en grupo, e o seu progreso será supervisado polo profesorado.
Proba mixta Seguimento continuo das prácticas realizadas, mediante asistencia a clase e corrección continua das mesmas. Inclúese a posibilidade dunha breve exposición oral do traballo realizado nesta parte.