Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Desenvolveranse exemplos e exercicios nos que os estudantes terán que aplicar os coñecementos teóricos da materia a casos concretos. Garantirase a interactividade, resolvendo dúbidas por parte dos estudantes e animándoos a contrastar as súas solucións e expor cuestións relevantes.
Proba obxectiva Levarase a cabo unha avaliación da materia mediante unha proba que incluirá tanto preguntas sobre os contidos teóricos, como supostos prácticos e exercicios de aplicación relacionados cos distintos temas vistos na materia.
Prácticas de laboratorio Desenvolveranse exemplos e exercicios nos que os estudantes terán que aplicar os coñecementos teóricos da materia a casos concretos. Garantirase a interactividade, resolvendo dúbidas por parte dos estudantes e animándoos a contrastar as súas solucións e expor cuestións relevantes.
Sesión maxistral Clases maxistrais onde se expoñerán os conceptos teóricos da materia, sen perder nunca de vista exemplos de aplicación para motivar e contextualizar os contidos da materia. Fomentarase a interactividade en clase mediante a formulación de preguntas e utilizaranse distintos recursos como transparencias ou demostracións.