Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O obxecto da análise documental son os programas e accións de orientación educativa e profesional destinados a distintos colectivos e contextos
Discusión dirixida Tras a lectura e análise dun texto de actualidade científica se desenvolverá unha discusión sobre as distintas perspectivas argumentais. Esta metodoloxía soamente a utilizará o estudantado presencial
Sesión maxistral A lección maxistral vai ser utilizada para a presentación dalgúns contidos. Previamente, co obxectivo de facilitar o seu seguimento, proporcionarase a través do Campus Virtual a presentación de power point.
Esta metodoloxía soamente é para os estudante presencial
Portafolios do alumno O alumnado presencial, non presencial e online deberá de presentar o portafolio no que ha de recoller as actividades propostas polo profesorado da materia. O portafolio será entregado a través do Campus Virtual e nas datas que se específiquen para a primeira ou segunda oportunidade.

O estudantado non presencial e ONLINE debe poñerse en contacto coas responsables de cada módulo.
Actividades iniciais As actividades iniciais permiten identificar os coñecementos previos do alumnado sobre as temáticas abordadas e ós ámbitos de intervención coeducativa do seu interese. Soamente para o estudantado presencial.