Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada, e que está pensado para facilitar a realización do TFM do alumno/a.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Máster. Para un maior aproveitamento da materia recoméndase que o tema coincida co TFM.
O traballo será explicado na aula e subiranse as instrucións concretas sobre a realización deste ao campus virtual da materia, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade en liña. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo. Para o alumnado en liña, establecerase un sistema de seguimento a través do campus virtual, ou por correo electrónico.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais, lecturas e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes.
O material das sesións maxistrais porase a disposición na plataforma virtual da materia para o alumnado en liña e presencial.
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.