Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en definir e elaborar cada unha das partes do traballo a entregar para a avaliación da materia. Manexaranse distintas fontes bibliográficas.
Lecturas Lecturas de obras clásicas e novas sobre socioloxía ambiental e disciplinas afines
Análise de fontes documentais Comentario crítico e debate na aula, sobre fontes documentais (lecturas, documentos audiovisuais, información estatística...) recomendados polo profesor para cada tema.